Abegondo celebrará o Samaín cunha camiñada nocturna e un espectáculo de lume
O Concello de Abegondo organizará unha camiñada nocturna este venres, 25 de outubro, para celebrar o Samaín, unha das festas tradicionais máis populares en Galicia. A actividade, que busca dinamizar a participación dos veciños e veciñas, terá lugar en Beche.
Os participantes están convidados a acudir disfrazados e levando lanternas para acompañar a atmosfera máxica da xornada. O evento comezará ás 19:00 horas cunha sesión de maquillaxe para engadir un toque tétrico á celebración, mentres que a camiñada propiamente dita dará comezo ás 20:30 horas. Durante o percorrido, tamén se poderá gozar dun impresionante espectáculo de lume.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse contactando co departamento de Cultura no teléfono 981 647 909 ou enviando un correo electrónico a cultura@abegondo.gal.