Abegondo celebra o Día da Familia o 14 de xullo con actividades e espectáculos para todos

ACoruñaXa
O Concello programa espectáculos culturais, verbena, actividades infantís e lúdicas, ademais da comida popular
Concello_de_Abegondo
13 Xul 2024
O Concello de Abegondo organiza o seu multitudinario Día da Familia o vindeiro domingo 14 de xullo. Será, como é habitual, no parque fluvial de Beche, espazo que o acolle desde a súa creación en 2014. A asistencia superará as 2.000 persoas.
O Día da Familia está concibido como a reunión de veciños e veciñas de todas as parroquias, compartindo comida, actividades e música. As actividades lúdicas comprenderán inchables, talleres, competicións en familia, campionato de tute ou paseo en carro de cabalos. A nivel de espectáculos, a xornada acollerá a función teatral de Crocodilo, e ao Mago Antón, con Mil Maxias Máis 5.0.
A verbena en familia levantará aos asistentes cos ritmos de Paco Lodeiro, Xilo & Carlos. Ofrecerán o espectáculo “Homenaxe ás Romarías Galegas” na que prometen actuacións sorpresa de grandes artistas. E contarase coa animación da Charanga NBA. O Concello conta para a organización coa colaboración de Agadic, a Xunta de Galicia e a Deputación.
0.19793891906738