Abegondo celebra hoxe a Festa da Xuventude con cinco concertos
Abegondo vivirá este venres 24 de maio, a súa Festa da Xuventude coa previsión de reunir centos de persoas. O evento terá lugar no campo da feira, en San Marcos, desde as 21.30 horas.
O Concello publicou a orde e horario estimado dos cinco concertos cos que conta o evento. Tras a apertura ás 21.30 horas do Discomóvil Impacto, o Grupo Orixe subirase ao escenario ás 22.15 na primeira das dúas actuacións que ofrecerá.
Ás 0.15 horas chegará a quenda do DJ Borja Solla. E ás 1.30 horas volverá tocarlle ao Grupo Orixe. Ao seu termo, como peche da festa, poderase escoitar ao DJ Son1c.
Ademais, haberá cantina, food trucks e sorteos de agasallos ao longo da velada. Tamén, Concello habilitará unha parcela, situada detrás do centro de saúde para aqueles que se despracen en coche. O Concello lembra o imprescindible de actuar con responsabilidade e conducir sen inxerir bebidas alcohólicas.
O Concello retoma así a Festa dá Xuventude, que se organizaba anualmente ata a interrupción pola pandemia. O goberno local decidiu recuperala dado o interese mostrado polos mozos do municipio.