Abegondo celebra este sábado a súa 'Festa Infinita'

O Concello de Abegondo celebra este, sábado 28 de setembro, a súa ‘Festa Infinita’, que encherá a leira As Quintas de música desde as 19:30 horas da tarde.
A programación musical iniciarase ás 20:00 horas co concerto da Banda de Onte. Ás 21:45 horas será a quenda para Broken Peach e ás 23:45 actuará de novo A Banda de Onte. A actuación do DJ Toni Seijas poñerá o broche á xornada ás 00:30 horas. Os asistentes á festa dispoñerán tamén de cantina e foodtruck.