Abegondo celebra as Festas na honra a San Tirso con música e tradición
A parroquia de San Tirso en Abegondo prepárase para celebrar as súas festas patronais cunha programación chea de música, tradición e encontros veciñais. Os festexos terán lugar os días 25 e 26 de xaneiro, e incluirán actividades para todas as idades no emblemático "Salón" de San Tirso.
O sábado 25, os actos comezarán coa misa solemne ás 13:00 horas, seguida dunha animada sesión vermú a cargo de Musical Galán. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena protagonizada pola orquestra Los Satélites, garantindo unha noite de música e diversión.
O domingo 26, a programación repetirase cunha misa solemne ás 13:00 horas, tras a cal os asistentes poderán gozar dunha nova sesión vermú, nesta ocasión a cargo de Carlos Manteiga.
Finalmente, o martes 28 de xaneiro celebrarase a tradicional misa do patrón ás 18:00 horas, un acto que pechará estas festas na honra a San Tirso, un referente no calendario festivo de Abegondo.