Abegondo acolle talleres 'Girl STEAM' para formación tecnolóxica de rapazas de 8 a 12 anos

ACoruñaXa
O 20 de agosto, o aula CeMIT de Abegondo ofrecerá sesións prácticas sobre placas micro bit para fomentar o interese en estudos STEAM, con prazas limitadas para a actividade
Imaxe de adolescentes empregando as novas tecnoloxías
6 Ago 2024

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), organiza talleres prácticos de experimentación tecnolóxica dentro da iniciativa Girl STEAM.

Así, o próximo 20 de agosto, o aula CeMIT de Abegondo acollerá unha destas sesións dirixidas a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos. O taller terá lugar en horario de 10.00 a 14.00 horas e, dado que as prazas son limitadas, as persoas interesadas deberán inscribirse chamando ao 981 647 909 ou enviando un correo a cemit.abegondo@abegondo.gal.

A iniciativa ten como obxectivo impulsar actividades de mentorado próximo aos xoves, co fin de despertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM. A través destes talleres, os participantes aprenderán e experimentarán coas novas tecnoloxías, fomentando o talento e as vocacións tecnocientíficas.

Durante o taller, os asistentes coñecerán o funcionamento das placas micro bit, identificando as súas principais funcións e programándoas con diferentes comandos. Traballarán en grupo para construir e programar un dos 20 modelos ofrecidos no kit. Posteriormente, realizarán un proxecto libre utilizando estruturas feitas con materiais de desecho como botellas, tarxetas, madeira ou tecidos.

0.10696411132812