Abegondo abre a inscrición para as actividades culturais e deportivas do curso 24-25

ACoruñaXa
O Concello ofrece unha variada programación con opcións deportivas, culturais e de conciliación para todas as idades, con inscricións abertas desde setembro
Imaxe do cartel das actividades de Abegondo
22 Ago 2024

O Concello de Abegondo presenta a súa ampla oferta de actividades culturais e deportivas para o curso 2024-2025, dirixidas a veciños de todas as idades. As renovacións nas actividades deportivas para adultos e deportes federados realizaranse de forma automática, mentres que as novas inscricións poderán tramitarse a través da sede electrónica ou no rexistro municipal.

As actividades deportivas inclúen disciplinas como fútbol, balonmán, ximnasia rítmica, patinaxe, taekwondo, ballet, street dance e hípica para os máis novos. Para os adultos, haberá opcións como crossfit, fitness total, ioga, aeróbic zumba, ciclo indoor e fútbol sénior, ademais de actividades por parroquias e saídas ao medio natural.

No ámbito cultural, ofértanse actividades extraescolares ao mediodía para os máis novos, así como escolas municipais para todas as idades con clases de costura, manualidades, pintura, artes escénicas e moito máis. A inscrición para a escola municipal de música abrirá o 4 de setembro, ofrecendo formación en múltiples instrumentos e canto, ademais da posibilidade de unirse a agrupacións locais como a banda de música de Abegondo.

Os interesados en obter máis información poden contactar co Concello ou cos puntos de atención deportiva e cultural incluídos na programación.

0.17299890518188