A Xunta estuda en Curtis os proxectos de atención a maiores
ACoruñaXa
Este foi un dos temas que se trataron na reunión que mantiveron o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e o alcalde, Javier Francisco Caínzos
13 Out 2024
O Goberno galego avalía co Concello de Curtis a posta en marcha de proxectos de atención a maiores neste municipio.
Este foi un dos temas que se trataron na reunión que mantiveron o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e o alcalde, Javier Francisco Caínzos.
O obxectivo desta reunión foi estudar iniciativas de colaboración entre as dúas administracións que redunden no benestar das persoas maiores de Curtis.