A Xunta eloxia o labor do IES Eusebio da Guarda da Coruña na promoción da literatura

ACoruñaXa
A Xunta destaca o labor do instituto Eusebio da Guada da Coruña a prol da literatura a través da XIX Edición do Certame Rita Suárez Amado
Imaxe dos premiados no XIX Edición do Certame Rita Suárez Amado
15 Mar 2024

A Xunta de Galicia destaca o labor do Instituto IES Eusebio da Guarda polo fomento da lectura e da escritura a través do XIX certame literario Rita Suárez Amado en memoria da que foi alumna do centro.

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou este venres na entrega dos galardóns, unha cita anual que é posible grazas á implicación do equipo directivo encabezado por Isabel Ruso e do conxunto do alumnado e do profesorado do instituto “e que hoxe é un referente para a comunidade educativa”, salientou.

A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades gabou tamén a importancia deste tipo de certames como “aliciente e revulsivo” para que a mocidadede ESO e Bacharelato se inicie na escritura a través de propostas de relatos curtos e de poesía. Así mesmo, amosou o seu agradecemento á familia de Rita, que doa parte dos premios e á anpa, encargada de organizar o taller de escritura creativa para os gañadores.

0.082156896591187