A Xunta Electoral amplía o prazo para o voto por correo ata o mediodía do xoves 26 de novembro

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | FerrolXa | OurenseXa
Correos deberá extremar a dilixencia para asegurar que os sobres co voto poidan entregarse o día da votación nas respectivas mesas electorais
voto-por-correo-recurso
20 Nov 2026

Segundo o acordo adoptado pola Xunta Electoral Central, o prazo para o depósito do voto por correo para as Eleccións Xerais amplíase ata o xoves, 26 de novembro de 2026, para todos os electores e electoras que se atopen en España e nos horarios habituais de apertura das oficinas de Correos e como máximo ata as 14:00 horas.

Este prazo remataba inicialmente o mércores, 25 de novembro, pero coa decisión de ampliación adoptada, os cidadáns e cidadás que solicitaron exercer o seu dereito ao voto por correspondencia para as Eleccións Xerais do 29 de novembro disporán de máis tempo para depositar o seu voto.

Para tal efecto, Correos deberá extremar a dilixencia para asegurar que os sobres co voto poidan entregarse o día da votación nas respectivas mesas electorais, dentro dos prazos legalmente establecidos.

0.17675995826721