A Xunta e Unicef renovan a súa colaboración a favor dos dereitos da infancia
A delegada da Xunta, Belén do Campo, reuniuse con María Montalvo, presidenta do Comité Galicia de UNICEF. No encontro ambas analizaron as diferentes actividades que está realizando esta entidade en Galicia co apoio da Xunta como a liña de colaboración coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para actuacións de acción humanitaria de emerxencia, con especial atención aos colectivos máis vulnerables. Neste senso, ambas coincidiron na necesidade en seguir reforzando esta colaboración.
A representante do Goberno autonómico tamén puxo en valor a sintonía entre Unicef e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional a través do Comité Autonómico de Galicia para a promoción e difusión dos dereitos da infancia nos centros educativos da comunidade autónoma. Nesta liña, María Montalvo subliñou a importancia de seguir avanzando en traballos conxuntos como o impacto das pantallas entre as nenas e nenos adolescentes, incidindo especialmente entre os alumnos de educación secundaria.
Outras das preocupacións trasladadas pola representante de Unicef foi o aumento das patoloxías relacionadas coa saúde mental na infancia e adolescencia. A delegada aproveitou o encontro para informarlle que a Xunta conta co Plan Estratéxico de Saúde Mental de Galicia poscovid-19 (2020-2024), cun orzamento de 83 millóns de euros, destinado, entre outras cousas, á creación de 244 profesionais de saúde mental. Nese marco, o pasado 23 de setembro entrou en funcionamento, na área sanitaria da Coruña e Cee, unha nova unidade de atención aos primeiros episodios de psicose, situada no hospital Abente y Lago, que atende a persoas entre 18 e 40 anos que tiveran un primeiro episodio e que estean dentro dos tres primeiros anos de evolución.
Un primeiro episodio psicótico xorde xeralmente entre os 15 e os 30 anos e é un evento especialmente estresante para a xente nova e as súas familias. Finalmente, a presidenta de Unicef explicou o seu proxecto das Cidades Amigas da Infancia, que son aquelas comprometidas co cumprimento dos dereitos das nenas, os nenos e os adolescentes de acordo á Convención sobre os Dereitos Neno. Belén do Campo comprometeuse a colaborar para seguir incorporando novos membros entre os municipios da provincia da Coruña,