A Xunta autoriza o parque eólico en Ordes e Mesía

ACoruñaXa
O parque eólico Solpor está promovido pola empresa Green Capital e ten unha potencia de 24 megawatts
Beautiful view of the wind turbines on a grass covered field captured in Holland
20 Feb 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolleu este luns a autorización administrativa previa da Xunta para a construción de 15 parques eólicos nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense.  Na da Coruña será construído o parque eólico Solpor, situado entre os concellos de Mesía e Ordes.

O parque eólico Solpor está promovido pola empresa Green Capital e ten unha potencia de 24 megawatts. O parque inclúe cinco aeroxeradores, unha subestación e unha torre meteorolóxica.

0.16819000244141