A Xunta amplía a liña de bus que finaliza en Mera (Oleiros) ata Dexo e Lorbé
Tras reiteradas peticións por parte do Goberno municipal, a liña de transporte público B-9 que finaliza en Mera estenderase ata as localidades de Dexo e Lorbé. O novo percorrido pasará a finalizar na Valexa, en Lorbé, entrará en funcionamento o vindeiro luns 24 de xuño e manterase durante todo o ano.
Deste xeito, a través da nova, unha vez pasada a Igrexa de Mera, o bus continuará pola estrada xeral ata O Cubo, desviándose nese punto pola avenida Giménez Herrero e incorporándose posteriormente á estrada xeral en Lorbé. Para garantir a calidade do servizo está previsto a utilización dun autobús articulado, con capacidade para atender o incremento de pasaxeiros previsto.
O Concello reclamou en diversas ocasións a mellora das frecuencias na zona norte do municipio ante o deficitario servizo de transporte público existente. Quedan pendente de resolver por parte da Xunta de Galicia outras demandas formuladas polo Concello como as melloras en Nós e Iñás, os buses nocturnos, a comunicación coa Universidade da Coruña.