A Xunta adxudica as obras nos núcleos rurais de Loureiros e Xora, no concello de Coirós

ACoruñaXa
A actuación, cun orzamento de case 130.000 euros, enmárcase no Plan Hurbe, e permitirá a mellora do estado do firme das vías deste dous lugares da parroquia de Santa María de Ois
obras_recurso
20 Sep 2026

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por un importe de preto de 130.000 euros (128.829,85€) as obras de humanización de espazos públicos nos núcleo rurais de Loureiros e Xora, na parroquia de Santa María de Ois, no concello de Coirós.

Este contrato, adxudicada á empresa Excavaciones y Obras Candal, S.L., e impulsado ao abeiro do Plan Hurbe, permitirá acometer as obras necesarias para a mellora do estado do firme das vías dos lugares de Loureiros e Xora, incluíndo entre as intervencións a renovación dos pavimentos das vías, a posta a nivel das tapas con formigón e a limpeza de drenaxes lonxitudinais.

Estas actuacións enmárcanse nun convenio de colaboración asinado o pasado mes de maio entre a Xunta e o Concello de Coirós. A través deste convenio, o departamento que dirixe María M. Allegue cofinanciará nun 70% a actuación, contratará e executará as obras. Pola súa banda, o Concello coruñés achegará o 30% restante e corresponderalle o mantemento e conservación das obras realizadas.

A Xunta aposta a través do Plan Hurbe pola colaboración cos concellos na mellora de contornas urbanas dos municipios galegos e nos equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

0.14794397354126