A Xunta abre ata o 30 de setembro a licitación dos proxectos de Monte Mero e A Baiuca

ACoruñaXa
O Goberno galego prevé iniciar as obras de urbanización en 2027 para avanzar nos futuros desenvolvementos residenciais da Coruña e Arteixo
A CORUÑA vivendas xunta monte mero e arteixo
1 Jul 2026

A Xunta abriu este mércores o prazo para presentar ofertas á redacción dos proxectos de urbanización dos ámbitos residenciais de Monte Mero, na Coruña, e A Baiuca-A Penouqueira, en Arteixo, dentro da Estratexia Galega de Solo Residencial. O proceso permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de setembro.

Trátase dun novo paso administrativo para desenvolver estes dous Proxectos de Interese Autonómico (PIA), que prevén a construción de 4.397 vivendas na Coruña e outras 160 en Arteixo, das que a maioría serán protexidas.

Segundo avanzou a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a previsión é licitar as obras de urbanización ao longo de 2027, unha vez estean redactados e aprobados os proxectos e adquirido o solo. O obxectivo é que durante 2028 poidan desenvolverse de forma paralela os traballos de urbanización e a construción das primeiras vivendas.

Os ámbitos de Monte Mero e A Baiuca forman parte dun paquete de sete PIA que permitirán impulsar preto de 15.000 vivendas en Galicia, cun investimento de 6,4 millóns de euros na redacción dos proxectos de urbanización.

0.12672400474548