A 'XIII Ruada de Teixeiro' celebrarase esta fin de semana con música e baile tradicional

ACoruñaXa
O sábado 25 e o domingo 26 de outubro en Teixeiro (Curtis) celebraránse dúas xornadas de festa con foliada libre, pinchos e sorteos
CURTIS ruada teixeiro
Imaxe dunha edición anterior
22 Oct 2025

A Praza do Pobo de Teixeiro converterase esta fin de semana nun escenario aberto para a música e o baile de raíz. A 'XIII Ruada de Teixeiro' arrinca o sábado 25 ás 20.00 cunha primeira xornada pensada para xuntarse, tocar e bailar en comunidade. Haberá pinchos gratis, lugar habilitado para durmir e sorteos, e a partir das 22.30 a festa continuará cunha foliada libre na que pode participar quen traia instrumento ou ganas de cantar e acompañar o ritmo.

O programa complétase o domingo 26 ás 12.00 coa actuación do Grupo Folclórico e Etnográfico da Ribeira da Mata, que porá o broche á Ruada cun repertorio de pezas tradicionais para gozar en familia. A cita está organizada pola Asociación Cultural Faragulla e conta coa colaboración do Concello de Curtis e da Deputación da Coruña.

⚙ Configurar cookies
0.071615934371948