A X Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage chega a Miño esta fin de semana
A X Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage, organizada pola Asociación Ferro Vello en colaboración co Concello de Miño, celebrarase na praza de Rabazal durante este fin de semana. O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, e o presidente de Ferro Vello, Javier Domínguez Herva, presentaron hoxe o cartel do evento na Casa do Concello.
A feira contará con 28 expositores procedentes de Asturias, País Vasco, León, Portugal e das catro provincias galegas, que exhibirán unha ampla variedade de pezas antigas e obxectos de coleccionista. O evento terá entrada gratuita e estará aberto ao público tanto o sábado 17 como o domingo 18, en horario de 10.00 a 14.30 horas e de 16.30 a 21.00 horas.
Os organizadores agardan unha gran afluencia de visitantes para disfrutar desta cita que se consolida como unha das máis relevantes no ámbito do coleccionismo e antigüidades na rexión.