A voceira do PP de Betanzos pedirá ao Concello hermanamento coa cidade de Bruxas (Bélxica)

ACoruñaXa
Cecilia Vázquez destacou fronte Esquenet que a relación da arte flamenco con Betanzos está presente nas tallas conservadas na Igrexa de Santa María
Imaxe da voceira do PP de Betanzos e a concelleira de Bruxas en Bélxica
20 Jun 2024

A voceira do PP de Betanzos, Cecilia Vázquez reuniuse esta mañá de xoves coa concelleira de Política Ambiental do Concello de Bruxas (Bélxica) Minou Esquenet, para propoñer unha colaboración entre esta cidade Flamenca e Betanzos. A parlamentaria galega e portavoz popular trasladou á súa homóloga, o seu interese en establecer un leito formal de relación entre ambos os municipios.

Durante o encontro, Vázquez indicou que sería unha oportunidade para acrecentar os nosos coñecementos sobre conservación, sustentabilidade e para impulsar o intercambios sobre cultura musical, mocidade, entre outros.

Cecilia Vázquez destacou fronte Esquenet que a relación da arte flamenco con Betanzos está presente nas tallas conservadas na Igrexa de Santa María. Un exemplo do intercambio comercial entre dúas cidades ás que o seu pasado de gremios, artesáns, unidas na a historia común de Europa. Co fin de fortalecer estes lazos, Cecilia Vázquez propoñerá ao concello de Betanzos que dea os pasos necesarios para realizar un irmandamento coa cidade Flamenca.

A reunión desta mañá en Bruxas encádrase dentro das xornadas de traballo nas parlamentaria e portavoz popular participa esta semana en Bruxelas. Nas institucións europeas onde mantivo reunións para impulsar programas europeos dirixidos aos municipios, nos que Betanzos pode ter cabida.

Entre estas iniciativas, Vázquez abordou cuestións como a dragaxe da ría e a capacitación de mozas para o emprego. Cecilia Vázquez forma parte dun grupo de cargos municipais galegos desprazados á capital europea e encabezados pola secretaría xeral do PPdeG, Paula Prado.

0.16231179237366