A VII Romaría Castrexo-Romana Galaicoi pon o foco no pasado, presente e futuro de Cambre

ACoruñaXa
A VII Romaría Castrexo-Romana Galaicoi ofrece actividades lúdicas, culturais e un mercado con medio centenar de postos
Imaxe da presentación da Galaicoi de Cambre
16 Xul 2024

“A imaxe de hoxe deixa claro que a Galaicoi mira cara o pasado de Cambre, pero este é tamén un evento de presente e, sobre todo, de futuro”. Con estas palabras, a alcaldesa de Cambre, María Pan, pechou a presentación da VII Romaría Castrexo-Romana Galaicoi. Estivo acompañada polo concelleiro da Axencia de Desenvolvemento Local, Patrimonio e Turismo, Ramón Boga, pola concelleira de Desenvolvemento Asociativo, Educación e Sanidade, María Carmen Pan Matos, por un nutrido grupo de representantes das asociacións que participarán na romaría e polos nenos e nenas da escola infantil A Fraga Encantada. A rexedora explicou que, a expensas do que se decida na Asemblea de Clans (venres, 19 de xullo, ás 18.00 horas), todo apunta a que castrexos e romanos, os dous bandos historicamente enfrontados, darán batalla ata o domingo, día 21.

A loita entre as dúas faccións será, un ano máis, a temática central da Galaicoi, que chega á súa sétima edición. Desta forma, como explicou o edil de Patrimonio e Turismo, “buscamos poñer en valor o extenso patrimonio histórico de Cambre e, particularmente, a pegada que estas civilizacións deixaron no noso municipio”. Boga destacou o “gran arraigo” que a cita ten entre os veciños e veciñas, algo que se reflicte nas cifras de participación. O edil apuntou, así mesmo, “o impulso que se consegue dar ao tecido económico do municipio”.

Encontro social

A Galaicoi destaca como celebración histórica, pero tamén como un evento social. Así, como sinalaron tanto a alcaldesa como a concelleira de Desenvolvemento Asociativo, un dos aspectos máis importantes “é a súa esencia como romaría”. Ao longo das tres xornadas do evento, o campamento castrexo (situado no castro) convértese en punto de encontro e convivencia para asociacións veciñais, culturais, deportivas e tamén para particulares procedentes de todas as parroquias. En total, o Concello recibiu 40 solicitudes para ocupar as clásicas cabanas castrexas ou para solicitar os taboleiros para a romaría. A maioría (22) foron tramitadas polo tecido asociativo, mentres que o resto procederon de particulares. María Carmen Pan Matos valorou estes números, que deixan claro “que esta romaría segue a ser unha ineludible para os veciños e veciñas de Cambre”.

Á presentación de hoxe acudiron varios representantes de algunhas das asociacións que participarán nesta sétima romaría: Asociación de Amas de Casa de Bribes, Asociación Avepace de Pravio, Asociación Ganduxo de Pravio, Aires de Sigrás, Asociación A Unión de Brexo-Lema, Grupo de Cantareiras As Avelaíñas da Asociación Cultural de Santa María do Temple, Grupo de Gaitas A Randeira da Rocha e a Asociación Histórico-Cultural Gallaecia Viva.

Programación da Romaría

A Romaría Castrexo-Romana Galaicoi comezará este venres, 19 de xullo, e prolongarase ata o domingo, día 21. En canto ao horario, o venres será de 17.00 a 1.00 horas, o sábado de 11.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 1.00 horas e o domingo, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 21.00 horas.

Asemblea de Clans

O programa arrincará o venres, ás 18.00 horas, coa asemblea de clans. Nela, os xefes de cada agrupación reuniranse para abordar unha cuestión capital: a chegada dos romanos a Cambre. Na reunión deberán decidir se acoden ou non á guerra e, se escolleen esta última, a guerra declararase ás 19.00 horas, dando paso a unha batalla que se prolongará ata o domingo, 21 de xullo, cando se asinará o tratado de paz.

O programa incluirá mercado con preto de medio centenar de postos, obradoiros, guerras e escaramuzas, desfiles, pasarrúas e actividades de animación musical, concerto dos Pelepau (venres, 19, ás 23.00 horas), representacións teatrais, etc.

Actividades infantís
O Concello organizará, ademais, numerosas propostas para os nenos e nenas. O programa infantil contará con estacións con xogos tradicionais e reciclados e tamén campionatos castrexos con diferentes probas físicas. As propostas infantís comezarán o propio venres pola tarde e sucederanse ao longo de toda a fin de semana.

Programación completa

VENRES, 19 DE XULLO

17.30 Apertura do mercado
17.45 Os ecos de Roma. Músicos polas rúas
18.00 Asemblea de Clans: Que veñen os romanos!
18.15 Pasarrúas do Sátiro
18.30 Inicio das probas dos Campionatos Castrexos para nenos
18.45 Ashdrog, o libro de contos
19.00 Declaración de Guerra e comezo das hostilidades (Clans locais, Gallaecia Viva, Cohors III Lucensium, A Castronela de Friol)
19.30 Desfile de castrexos e romanos pola Galaicoi cara aos seus campamentos (Clans locais, Gallaecia Viva, Cohors III Lucensium, A Castronela de Friol)
19.45 Exhibición de loitas no Campamento
20.00 Armonías do Imperio. Pasarrúas musicais
20.15 O Fauno chega á Galaicoi
20.45 Obradoiro de Ferro no Campamento
21.00 A deusa protexida. Pasarrúas de animación
21.45 Pasarrúas do Sátiro
22.00 Desfile das tropas romanas Cohors III Lucensium con fachos
22.15 Teatro. O sorteo de Cásina. Unha comedia de Plauto. Compañía Noite Bohemia
22.30 Animación musical polas rúas
22.45 Lume e gloria. Espectáculo nocturno de circo
23.00 Concerto a cargo de Pelepau. Rede Cultural da Deputación de A Coruña
1.00 Peche do Castromaior

SÁBADO, 20 DE XULLO

11.00 Apertura do mercado
11.15 Os ecos de Roma. Músicos polas rúas
11.30 Obradoiro de xogos romanos. Gallaecia Viva
11.45 Inicio das probas do Campionato Castrexo para nenos
12.00 Escaramuza entre Castrexos e Romanos. Cohors III Lucensium, A Castronela de Friol e Clans Locais
12.15 O comercio na Antiga Roma
12.30 Pasarrúas do Sátiro
12.30 Caupona: Degustación de pratos da época romana. Gallaecia Viva
12.45 Continúan as probas do Campionato Castrexo para nenos
13.00 Desfile dos lexionarios romanos e parada na praza Europa. Cohors III Lucensium e Gallaecia Viva
13.15 Os músicos do Imperio
13.30 Ludi romani. O grande espectáculo de circo de Roma
13.45 Obradoiro de canteiría no Campamento
16.30 Xogos Olímpicos Castrexos. III edición. Treme París
17.30 Armonías do Imperio. Pasarrúas musicais
17.45 Comezo das probas do Campionato Castrexo para nenos
18.00 Contacontos. A frauta de pan e outros contos
18.15 Cerimonia relixiosa romana. Gallaecia Viva
18.30 Bestas e outras personaxes
18.45 Máis probas do Campionato Castrexo para nenos
19.00 Asedio e asalto ao Castromaior. Cohors III Lucensium, A Castronela de Friol, Clans Locais
19.30 Animación musical polas rúas
19.45 Continúan as probas do Campionato Castrexo para nenos
20.00 Desfile dos lexionarios romanos pola Galaicoi. Cohors III Lucensium
20.15 Sobre zancos vese o Imperio
20.45 Obradoiro de traballo da madeira no Campamento
21.00 O fauno mitolóxico
22.00 Despedida dun guerreiro galaico. A Castron

0.084692001342773