A vida veciñal toma forma en Xuxán coas súas primeiras festas de barrio

ACoruñaXa
A programación desenvolverase esta fin de semana con actividades infantís, música, sesión vermú, xogos tradicionais e propostas abertas para todas as idades
Imaxe do barrio de Xuxán na Coruña
8 May 2026

Xuxán celebrará esta fin de semana as súas primeiras festas de barrio, unha cita coa que este novo núcleo coruñés busca reforzar a convivencia veciñal e crear unha programación festiva propia dentro do calendario da cidade.

As actividades comezarán o sábado, 9 de maio, ás 11.00 horas cunha chocolatada con churros. A mañá continuará ás 12.00 horas cun taller divulgativo de reciclaxe e, ás 14.00 horas, terá lugar o pregón das festas. Pouco despois, ás 14.15 horas, celebrarase a sesión vermú.

A programación da tarde estará pensada especialmente para o público familiar, con inchables e festa da escuma desde as 16.30 horas. A música tomará o relevo a partir das 18.30 horas coa actuación de Nova Trova Coruñesa. Xa pola noite, ás 21.30 horas, haberá concerto dos anos 80 e 90 con Pablo Balseiro, seguido do acendido festivo ás 22.30 horas e dunha sesión DJ desde as 23.15 horas.

A festa continuará o domingo, 10 de maio, cun pasarrúas a cargo de Folerpas ás 11.00 horas. Ás 12.00 horas celebraranse xogos tradicionais organizados pola asociación veciñal e, ás 13.30 horas, chegará unha nova sesión vermú con Os Kibbis.

O programa completarase pola tarde cunha sesión musical xuvenil ás 15.30 horas e un tardeo con DJ centrado na música dos anos 80 e 90 a partir das 17.00 horas. Todas as actividades serán abertas á veciñanza.

Estas primeiras festas chegan nun momento de crecemento para Xuxán, un barrio de recente creación que continúa incorporando servizos, zonas verdes e novos espazos de convivencia.

0.13670492172241