A veciñanza de Viós celebrará a súa tradicional Festa das Candeas
ACoruñaXa
Contarán con música, tradición e gastronomía coa degustación de filloas

1 Feb 2025
Este 2 de febreiro, a veciñanza de Viós celebrará unha nova edición da súa tradicional Festa das Candeas, unha xornada chea de actividades e tradicións. A partir das 13.30 horas, no pavillón do IES de Viós, todos os asistentes poderán disfrutar dunha ampla programación que inclúe, entre outras propostas, a famosa Ruta do Queixo, unha excelente oportunidade para descubrir os sabores da zona.
Ademais, a festa contará cunha animada sesión vermú a cargo do dúo D´Vicio, que dará o toque musical á xornada, e unha deliciosa degustación de filloas, un prato típico destas festas.