A unidade móbil de doazón de sangue estará no Burgo o martes, 7 de xaneiro
ACoruñaXa
Os veciños poderán doar sangue na praza de Europa en horario de tarde
30 Dec 2024
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) organiza unha nova xornada de recollida de doazóns no Burgo o martes, 7 de xaneiro. A unidade móbil estará operativa na praza de Europa, en horario de tarde, desde as 15:30 ata as 21:00 horas.
ADOS lembra a importancia de doar sangue como un acto altruísta que salva vidas, especialmente nesta época do ano. As persoas interesadas deberán acudir almorzadas ou, no caso de ter xantado, esperar un mínimo de dúas horas antes de realizar a doazón. Ademais, será imprescindible levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar.
"A vida é un agasallo", destaca ADOS, animando á cidadanía a participar nesta acción solidaria.