A UDC súmase á Semana Verde da UE con xornadas de portas abertas
O proxecto europeo Co-UDlabs, coordinado pola Universidade da Coruña, participará esta semana nas actividades da Semana Verde da Unión Europea. Esta iniciativa trata de concienciar e educar á cidadanía sobre a importancia de protexer o medio ambiente e promover prácticas de vida sostibles.
Neste edición ten como obxectivo a concienciación sobre a resiliencia da auga, un tema central da investigación desenvolvida por Co-UDlabs e o Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente da UDC.
No marco dos eventos desenvolvidos en toda Europa, a UDC acollerá durante os días 19 e 20 de xuño dúas xornadas de portas abertas nas instalacións do CITEEC. Así, as persoas interesadas poderán visitar o maior simulador de choiva de toda Europa, cunha superficie de 100 metros cadrados, e que está equipado con dúas cubertas vexetadas. Tamén se poderá visitar o simulador MEDUSA, construído pola empresa EMALCSA, que representa o sistema de abastecemento da cidade da Coruña. E por último, tamén se poderá ver o modelo TOPOSANDBOX, un equipo de realidade aumentada que permite visualizar nunha superficie de 2.5 x 2.5 m como se inunda una cidade feita con impresora 3D.
Os días 19 e 20 de xuño haberá dúas quendas para o acceso ás instalacións, en horario de 10.00 a 12.00 horas e de 15.30 a 17.30 horas. As visitas serán de balde e estarán guiadas por persoal investigador do CITEEC.
Máis información e inscricións pode accecerse ao seguinte enlace.