A UDC situase entre o 7% das Universidades con mellor rendemento web a nivel mundial

ACoruñaXa
Segundo os datos publicados no informe internacional Webometrics a Universidade da Coruña sitúase como líder das universidades galegas e atópase no posto 33 de España, no 354 de Europa e no 890 do Mundo
Edificio do Rectorado da Universidade da Coruña
14 Feb 2024

A Universidade da Coruña vén de acadar o posto número 33 de España no informe internacional Webometrics  publicado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Este informe publicase dende o ano 2004, cada seis meses e ofrece unha clasificación académica sobre as institucións de educación superior de todo o mundo, tendo en conta a súa presenza e impacto na web.

O obxectivo desta clasificación é apoiar as iniciativas Open Access, así como promover o acceso electrónico ás publicacións científicas e a todos aqueles materiais de tipo académico. Na actualidade a clasificación inclúe case 12.000 institucións de educación superior (universidades, escolas, institutos, centros, facultades etc.) de máis de 200 países.

Na última edición desde ranking, publicada o día 31 de xaneiro, A Universidade da Coruña acadou o posto número 33 de España, subindo ademais unha posición con respecto á pasada edición do informe, que engloba máis de 250 institucións académicas de todo o país.

Deste xeito a UDC mellora tamén a nivel europeo, situándose na posición 354 (356 na pasada edición) de entre as máis de 6.000 institucións avaliadas en toda Europa, e no posto 890, un máis arriba que na edición anterior, entre as máis de 11.000 institucións clasificadas a nivel mundial.

Polo que estas cifras sitúan á UDC entre o 7% das universidades con maior rendemento web do mundo, entre o 6% das mellores institucións de Europa e no 12% das mellores de España.

Dentro do contexto do Sistema Universitario de Galicia, a UDC mantense na primeira posición con respecto á edición anterior, publicada en xullo de 2023. Cabe salientar que tanto a USC como a UVIGO ascenden no ranking, o que supón un bo resultado para as tres universidades públicas galegas.

0.19420909881592