A UDC organizará o Campionato de España Universitario de Vela

ACoruñaXa
A cita terá lugar os días 16 e 19 de abril no centro Galego de Vela de Vilagarcía de Arousa
Imaxe dunha embarcacion de vela na Coruña
25 Feb 2024

O Consello Superior de Deportes concede a concesión da celebración do Campionato de España Universitario de Vela á Universidade da Coruña.

O evento terá lugar entre os días 16 e 19 de abril no centro Galego de Vela de Vilagarcía de Arousa. Esta instalación é a mellor dotada de Galicia para a celebración de competicións deste tipo, e conta con 6 embarcacións monotipo Elliott 6 M para regatas de flota.

Participarán na competición as mellores tripulacións das universidades españolas, as cales terán que clasificarse previamente nas correspondentes competicións universitarias autonómicas.

No caso de Galicia, o Campionato Galego de Vela, que este ano organiza a Universidade de Santiago de Compostela, celebrarase o vindeiro mércores día 6 de marzo, na mesma localización.

A UDC ten garantida a súa participación no Campionato de España por ser a universidade anfitrioa, e intentará obter os bos resultados acadados en edicións anteriores, como a medalla de ouro conseguida en 2018, no que a UDC representou a España no Campionato do Mundo Universitario, ou os cuartos postos dos anos 2017 e 2022.

 

0.18315505981445