A UDC organiza unha charla sobre o cancro na Real Academia de Medicina
O vindeiro xoves, día 8 de febreiro ás 19.00 horas, na Real Academia de Medicina (ubicada na rúa Durán Loriga, 10), o servizo UDC Saudable da Universidade da Coruña, organiza unha conferencia con motivo do Día Mundial contra o Cancro, que tivo lugar o 4 de febreiro.
O evento contará coa presentación de Sergio Santos del Riego, catedrático do Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas da Universidade da Coruña e director do servizo UDC Saudable, así como coa presenza de Carlos Lamora Suárez, vicepresidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) da Coruña, e María Quindós Varela, adxunta do Servizo de Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Precisamente, María Quindós, será quen falará da campaña 'Todos contra o Cancro', recalcando a importancia da participación da sociedade civil na loita contra a enfermidade, así como o fundamental papel do voluntariado na difusión de mensaxes de prevención, información sobre os recursos e servizos cos que conta a AECC, e no acompañamento a pacientes e ás súas familias.
Así mesmo, explicarase a conveniencia de incluír á poboación nova nas mensaxes de prevención que se lanzan desde as institucións, asociacións e outras entidades, entre elas, as universidades.
A conferencia será de carácter gratuíto e estará aberto a todo o público interesado, ademais dos membros da comunidade UDC.