A UDC organiza un Curso de Extensión Universitaria sobre Estudos Marítimos

ACoruñaXa
O estudantado de grao da UDC que participe nesta formación poderá recoñer 3 créditos na súa titulación
Imaxe o cartel do curso sobre estudos marítimos da Universidade da Coruña
1 Apr 2024

O Instituto Universitario de Estudos Europeos (IUEE) 'Salvador de Madariaga' da Universidade da Coruña, organizará do 17 de abril ao 30 de maio de 2024 a terceira edición do Curso de Extensión Universitaria sobre Estudos Marítimos. A formación será en colaboración coa Cátedra Jean Monnet "Derecho de la Unión Europea del mar" da UDC e a Fundación MarInnleg (Centro de Innovación de Estudios Jurídicos Marítimos y Pesquereos), de Vigo.

O curso, de 39 horas de duración, desenvolverase os mércores e os xoves de 16.30 a 19.30 horas na modalidade en liña, a través da plataforma de Microsoft TEAMS. Trátase dunha formación transversal e interdisciplinar que abrangue dende a historia do mar, ao dereito do mar, pasando pola economía marítima, o dereito marítimo, a actividade pesqueira, o medio ambiente marítimo, o transporte e a enxeñaría marítima, as xentes do mar e a utilización das novas tecnoloxías dixitais e a intelixencia artificial aplicada ás actividades marítimas. O profesorado está formado, na súa maior parte, por docentes e investigadores da UDC e da Universidade de Vigo e por profesionais da administración pública e do sector privado marítimo-pesqueiro.

A formación está dirixida ao alumnado universitario de grao, mestrado e doutoramento, tanto de universidades españolas como estranxeiras, así como ao persoal directivo e técnico de institucións públicas e privadas relacionadas co mar, a profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios, e a membros da sociedade civil en xeral.
O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 15 de abril, debendo tramitarse as solicitudes a través de inscricións. Ofértanse 30 prazas, e a admisión realizarase por orde de recepción. As persoas admitidas recibirán unha ligazón para formalizar a matrícula.

Ao remate das clases, ao alumnado que asista e participe en polo menos 11 das 13 sesións do curso expediráselle, pola UDC, un certificado oficial de asistencia e participación, e, así mesmo, poderá recoñecérselle créditos nos estudos de grao (1,5 créditos por cada 15 horas, máximo 3 créditos por cada curso académico). Esta terceira edición do Curso de Extensión Universitaria sobre Estudos Marítimos está cofinanciada pola Unión Europea.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14750194549561