A UDC organiza un Congreso internacional de matemática aplicada

ACoruñaXa
O evento matemático terá lugar na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña
Imaxe da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña
18 Maio 2024

A Universidade da Coruña acollerá, do 20 ao 24 de maio, na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, o Congreso internacional Emerging Trends in Applied Mathematics and Mechanics 2024 (ETAMM 2024) .

Esta é a terceira edición do ciclo de conferencias de Matemática Aplicada, e a primeira na que a UDC é sede do evento. As anteriores edicións tiveron lugar en xuño de 2016 na Universitè de Perpignan Via Domitia (Francia), e en xuño de 2018 na Universidade Jagiellonian de Cracovia (Polonia).

O obxectivo principal do encontro é identificar novas tendencias nos dominios da Matemática Aplicada e da Mecánica, e as súas aplicacións en Física, Ciencias da Enxeñaría, Bioloxía e Economía, así como proporcionar unha oportunidade para a difusión de novos resultados de investigación.

A conferencia reunirá a profesionais da rama de matemáticas, ciencias e enxeñería de todo o mundo, contando con relatorios de referentes no seu campo de coñecemento, así como de simposios especializados e charlas independentes.

 

0.084786176681519