A UDC leva ao cabo un estudo sobre o concepto de “cidadanía enerxética” nun proxecto europeo

ACoruñaXa
Os resultados da investigación apuntan a que a maioría da poboación europea considera que o seu papel na transición enerxética está restrinxido á súa vida privada
Imaxe do grupo de investigadores da UDC que levaron ao cabo o estudo sobre o concepto de “cidadanía enerxética”
4 Abr 2024

Nun esforzo por comprender a postura da cidadanía europea sobre a transición enerxética, o proxecto europeo EnergyPROSPECTS realizou de forma exitosa unha enquisa en liña a 10.000 persoas en 19 países europeos. Neste traballo estivo implicado un equipo conformado por persoal investigador da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña con ampla experiencia en proxectos internacionais, e coordinado pola profesora do Departamento de Psicoloxía da UDC Adina Dumitru.

Previamente, este equipo estivo a cargo da exploración do concepto de “cidadanía enerxética” enGalicia e dos factores facilitadores, ou barreiras, para unha maior implicación das persoas na toma de decisións relativas a un novo modelo enerxético sostible no noso territorio. A partir desta análise, o equipo desenvolveu unha ferramenta de empoderamento ao servizo da cidadanía.

Nesta fase do estudo, explorouse a participación individual na transición enerxética, as respostas á crise enerxética de 2021-2022, as medidas de aforro de enerxía e as motivacións, así como as expectativas cidadás, en relación coas prácticas de enerxía sostible.

Os resultados da investigación apuntan a que a maioría da poboación europea considera que o seu papel na transición enerxética está restrinxido á súa vida privada, isto é, ás accións nos seus fogares ou rutinas diarias. Só unha cuarta parte das persoas enquisadas cre que a cidadanía enerxética está vinculada con accións públicas, como participar en consultas públicas ou formar parte de organizacións, entre outras. As motivacións principais para realizar accións relacionadas coa enerxía son o desexo de reducir os custos enerxéticos e as preocupacións ambientais.

En rasgos xerais, as persoas participantes na enquisa ven o futuro próximo de forma pesimista. O 57% dos enquisados espera pagar máis pola enerxía en 2030, e tan só o 14% pensa que o proceso de transición enerxética vai por bo camiño. Ademais, os participantes fixeron unha crítica firme ás institucións e organizacións implicadas na transición enerxética. Sobre todo, cando se lles preguntou sobre o papel do Parlamento Europeo, a Comisión Europea, as autoridades nacionais e locais, os provedores de enerxía e mesmo os actores da industria e o comercio.

Con todo, as persoas participantes estaban convencidas de que toda a sociedade debería facer todo o posible para apoiar a transición enerxética. Positivamente, máis do 60% de enquisados informaron que diminuíron o seu consumo de enerxía nos últimos anos.

Cando se lles preguntou que se pode facer para fomentar e apoiar a participación da cidadanía europea na transición enerxética, sinalaron que a cidadanía enerxética debe fomentarse con medidas de apoio financeiro adaptadas, que sexan facilmente accesibles a través de procedementos administrativos simplificados.

A enquisa tamén revelou que debería prestarse un apoio especial ás persoas que viven en situación de pobreza enerxética. A educación tamén se considera clave para mitigar calquera preocupación sobre os impactos, beneficios e custos percibidos da transición enerxética. Así mesmo, os participantes sinalaron que se requirían avances lexislativos para determinar a condición xurídica dos produtores individuais e colectivos de enerxía procedente de fontes renovables, o comercio entre pares e o intercambio de enerxía. Por último, evidenciouse a necesidade de facer máis para incluír á cidadanía no deseño dos procesos de formulación de políticas, pois a empoderaría e garantiría unha transición enerxética inclusiva e socialmente xusta.

O equipo de EnergyPROSPECTS cre que estes achados serán fundamentais para realizar unha proposta de políticas e estratexias acordes coas aspiracións e capacidades do público, acelerando así a viaxe de Europa cara a un panorama

0.18477821350098