A UDC inaugura mañá o Ciclo de Conferencias I+D en Edificación para impulsar os avances en sostibilidade
A Universidade da Coruña (UDC) pon en marcha mañá, 25 de setembro, o "Ciclo de Conferencias I+D en Edificación: avances científicos e tecnolóxicos para acadar cos ODS", unha iniciativa organizada pola Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da UDC en colaboración co Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC). O ciclo, que busca achegar á comunidade universitaria os últimos avances en desenvolvemento sostible e reutilización de residuos, terá lugar en horario de 12:30 a 14:00 horas.
O primeiro relatorio será impartido por María Martín Morales, profesora Titular da Universidade de Granada, quen falará sobre a valorización de residuos nos materiais de construción. Ao longo do mes de outubro, expertos como Emilio Rey Bouzón e María Figols González compartirán as súas investigacións en ámbitos como a calidade do aire, a eficiencia enerxética e a dixitalización en edificación.
Este ciclo pretende converterse nun evento periódico que dea visibilidade á investigación no campo da Arquitectura Técnica, tanto no ámbito universitario como empresarial.