A UDC e o Deportivo Genuine organizan este xoves unha xornada de deporte inclusivo

ACoruñaXa
Os asistentes poderán participar xunto cos integrantes do R.C. Deportivo Genuine en diversos partidos de fútbol 8
Xogadores do Deportivo Genuine
Xogadores do Deportivo Genuine
19 Feb 2024

O vindeiro xoves 22 de febreiro a Área de Deportes da UDC organiza no Campus de Elviña unha xornada de deporte inclusivo en colaboración co Real Club Deportivo Genuine.

O evento dará comezo ás 16.00 horas no salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación, onde se levará a cabo unha presentación deste proxecto de deporte inclusivo, creado polo R.C. Deportivo da Coruña co obxectivo de fomentar a inclusión na sociedade.

A partir das 17.15 horas, os asistentes ao evento poderán participar xunto cos integrantes do R.C. Deportivo Genuine en diversos partidos de fútbol 8, en formato reducido, no estadio 'Mariña Dourada'. A participación está limitada ás primeiras 25 persoas inscritas na xornada que soliciten xogar. O resto de inscritos asistirán como público.

A xornada, que vai dirixida a toda a comunidade universitaria e tamén ao público en xeral, ten aberto o prazo de inscrición ata o martes, día 20 de febreiro, ás 23.59 horas. As horas de asistencia certificaranse a través da Unidade de Atención á Universidade (ADI) da UDC.

 

 

0.19351005554199