A UDC celebrou unha xornada de orientación para futuros estudantes

ACoruñaXa
O obxectivo é dar a coñecer a oferta de titulacións de grao da UDC para o vindeiro curso 24-25, o calendario e novidades das probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) e o funcionamento do sistema de preinscrición ás titulacións universitarias
Imaxe da xuntanza celebrada este xoves na UDC cos departamentos de Orientación de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior de Galicia.
22 Feb 2024

A Universidade da Coruña organizou este xoves, no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA), entre as 9.30 e as 13.30 horas, unha xuntanza con persoal dos departamentos de Orientación de centros de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior Galicia. Ao evento acudiron máis de 140 persoas, no que 39 persoas das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, acoden presencialmente e outras 107 das catro provincias galegas o seguirán en liña a través da plataforma Teams.

O obxectivo deste encontro é informar aos orientadores e orientadoras sobre o catálogo de titulacións que ofertará a UDC o vindeiro curso 2024-2025, así como do calendario e as novidades da ABAU deste ano e do procedemento para solicitar a admisión na universidade. Ademais, daráselles a coñecer o programa STEMbach (bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía) que actualmente desenvolve a Universidade enmarcado na Estratexia Galega de Educación Dixital "Edudixital 2020" co obxectivo de contribuír a favorecer no alumnado o afondamento no traballo nas competencias matemática e básica en ciencia e tecnoloxía mediante procedementos de investigación e dos métodos científicos.

Ao remate da xornada, aos participantes que asistan de xeito presencial ao encontro ofreceráselles unha visita guiada para coñecer as instalacións do CICA, o centro de da UDC creado 2015 que conta con máis de 200 investigadores e investigadoras organizados en tres áreas científicas, que van desde a biomedicina ata a ciencia dos materiais. Este centro é recoñecido pola atracción de talento, a visibilización da muller científica e a promoción da igualdade de xénero, contando cunha presenza feminina superior ao 50%.

 

0.17807507514954