A UDC celebra o venres 26 de abril as Olimpíadas de Salvamento Marítimo

ACoruñaXa
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 5 de abril e está aberto a calquera persoa estudante de estudos universitarios, formación profesional, bacharelato e educación secundaria obrigatoria
Imaxe recurso de salvamento marítimo
18 Mar 2024

A Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña organiza unha nova edición das Olimpíadas de Salvamento Marítimo, que terán lugar o vindeiro venres, 26 de abril, en horario de 9.00 a 14.00 horas, na Aula Náutica da UDC.

A competición consistirá na realización de diversas probas relacionadas coas prácticas de seguridade marítima e están abertas a calquera persoa estudante de estudos universitarios, formación profesional, bacharelato e educación secundaria obrigatoria, que poderán competir de xeito individual ou por equipos e por categoría segundo a idade.

Entre as probas que deberán realizar atópanse as seguintes: poñer o traxe de supervivencia nun tempo máximo de 2 minutos, unha proba a nado de relevos con traxe de supervivencia, volteo e arrastre de balsa salvavidas, lanzamento de sisga e manexo de embarcación de rescate

Os participantes mellores clasificados de cada categoría recibirán un premio por parte da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas. O prazo de inscrición para poder participar nas probas remata o vindeiro día 5 de abril, e poderá realizarse a través da seguinte ligazón.

 

 

 

Olimpiadas_Salvamento_Maritimo_1080x1080.jpg_899472245

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18376994132996