A UDC asina un convenio coa empresa de IA NSAtech LLC

ACoruñaXa
O obxectivo desta unión é fomentar o intercambio na docencia e a investigación en saúde e deporte
Carmen de Labra Pinedo, docente da Área de Fisioloxía e Daniel López López, profesor da Área de Enfermería e coordinador do Grupo de Investigación Saúde e Podoloxía (GISAP) da Universidade da Coruña
17 Feb 2024

O Grupo de Investigación Saúde e Podoloxía (GISAP) da Universidade da Coruña ven de pechar un acordo de colaboración coa empresa de intelixencia artificial NSAtech LLC de QATAR, a través do cal ambas as dúas entidades comprométense a fomentar o intercambio de experiencias e de profesionais, profesores e investigadores nos campos da docencia e a investigación.

A iniciativa está liderada polo profesor da Área de Enfermería e coordinador do grupo de investigación, Daniel López López, e Carmen de Labra Pinedo, docente da Área de Fisioloxía. A sinatura do convenio, levada a cabo polo reitor da UDC Ricardo Cao, permitirá ao alumnado de grao, posgrao e aos membros do grupo de investigación acceder aos recursos da entidade para o desenvolvemento de iniciativas que faciliten reforzar a investigación e a innovación co obxectivo de contribuír a mellorar a saúde das persoas e o rendemento dos deportistas de maneira xeral.

NSAtech L.L.C (Novel Science Artificial Intelligence Technology) é unha entidade con base en QATAR que ten, entre outros obxectivos, proporcionar servizos e solucións únicas para fisioterapeutas, clubs, academias, eventos, federacións e diversas industrias baseadas en tecnoloxía de Intelixencia Artificial.

Así mesmo, as dúas entidades poderán ofrecer e recibir asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa súa actividade, e intercambiar libros, publicacións e outros materiais de investigación e docencia.
O acordo subscrito terá unha duración de 4 anos, que contan desde a data de sinatura unha vez que o ratifique o Consello de Goberno e que poderán serán renovables por un período de ata catro anos adicionais.

 

0.15089988708496