A UDC acolle o Laboratorio de Innovación Cidadá LABIC para mellorar a saúde das persoas maiores

ACoruñaXa
O evento, que terá lugar do 13 ao 20 de setembro, contará con proxectos de nove países iberoamericanos centrados no benestar da terceira idade
Imaxe da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña
12 sep 2024

A Universidade da Coruña acollerá desde mañá venres día 13 e ata o 20 de setembro o Laboratorio de Innovación Cidadá LABIC_ES unha iniciativa iberoamericana de innovación social organizada en colaboración coa División de Innovación Pública e Cidadá da Secretaría Xeral Iberoamericana e co apoio da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento A Universidade da Coruña foi seleccionada entre 70 propostas de 11 países como unha das dúas institucións que acollerán esta convocatoria internacional no marco do programa LABIC+10

O laboratorio terá lugar na Aula Náutica da Universidade da Coruña coa presenza do reitor Ricardo Cao na inauguración ás 9.15 horas e ten como obxectivo principal responder ao chamamento da Organización Mundial da Saúde para promover a saúde e a calidade de vida das persoas maiores así como para previr enfermidades nesta poboación

Durante o evento seis equipos de traballo formados por cinco persoas de nove países iberoamericanos como Arxentina Colombia Costa Rica España Guatemala México Perú República Dominicana e Uruguai desenvolverán cinco proxectos innovadores centrados na mellora do benestar das persoas maiores Entre as propostas destacan

Terceridade unha plataforma de análise de datos que monitoriza os hábitos de vida das persoas maiores nas súas casas xerando alertas ante posibles emerxencias e previndo riscos

Cama Sensorial para o Benestar que inclúe sensores deseñados para detectar movementos bruscos nocturnos en persoas maiores na cama especialmente útil para pacientes con Alzheimer

AI-Saúde Reconquista que busca desenvolver modelos preditivos con intelixencia artificial para mellorar as políticas de saúde de persoas maiores en Reconquista Santa Fe co obxectivo de reducir custos médicos optimizar recursos e mellorar a calidade de vida

Motion Trail Sensor unha órtese vinculada a unha plataforma que monitorea lesións de maneira continua avaliando o progreso e notificando posturas incorrectas

AMAR (Adultos Maiores Activos e Recoñecidos) unha plataforma dixital que facilita o autoemprego das persoas maiores permitindo promocionar os seus servizos de maneira sinxela e eficiente na súa comunidade

A clausura do LABIC_ES terá lugar o venres 20 de setembro ás 11.30 horas cunha presentación dos prototipos desenvolvidos ao longo da semana demostrando o compromiso internacional coa mellora da saúde e o benestar das persoas maiores.

0.17728996276855