A UDC acolle a International Staff Week con representantes de máis de 25 países
A Universidade da Coruña acolle desde hoxe, luns 27 de maio, o evento International Staff Week A Coruña, baixo o lema 'Desbloqueando Fronteiras na Internacionalización da Educación Superior', un programa, co-organizado coa Alianza Emerge, constituída por 9 universidades europeas, entre elas a UDC.
Neste sentido e durante esta semana, docentes de diferentes institucións académicas europeas compartirán as mellores prácticas no ámbito da internacionalización da Educación Superior.
Xornadas nas que os principais temas de debate incluirán unha variedade de asuntos relacionados coa internacionalización, como a dixitalización do programa Erasmus, as estratexias de inclusión en mobilidades internacionais, as alianzas universitarias en Europa e os plans e políticas de ensino do inglés.
Así, en liña coa alianza Emerge, representantes de 27 países analizarán medidas dirixidas ao fomento da internacionalización do ensino superior e á súa transición cara a un enfoque máis consciente dos aspectos sociais e ambientais.