A UDC abre o prazo de inscrición para os seus cursos de verán
ACoruñaXa
O programa concentra 9 accións formativas nos Campus da Coruña e Ferrol, que terán lugar nos meses de xuño e xullo
21 May 2024
A Universidade da Coruña acaba de abrir o prazo de matrícula para os cursos de verán 2024. A oferta formativa levarase a cabo nos meses de xuño e xullo nos Campus da Coruña e Ferrol.
Este ano a matrícula para cada un deles ten un custo de 50 euros para o público xeral e de 30 euros para membros da comunidade universitaria da UDC, alumnado doutras universidades, persoas desempregadas e pensionistas.
Ademais, a Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte ofrece catro bolsas por curso consistentes na obtención da matrícula gratuíta para o estudantado da UDC con credenciais de bolseiros no presente curso académico, concedendo un máximo dunha bolsa por estudante.