A tempada de Nadal chega a Oleiros con atraccións infantís na Praza Esther Pita

ACoruñaXa
As actividades estarán dispoñibles desde este xoves 5 de decembro ata o 12 de xaneiro, con horarios especiais para as festas
Decoración Nadal Oleiros
4 Dec 2024

O Concello de Oleiros está a rematar a instalación de atraccións infantís na Praza Esther Pita, en Santa Cruz, como parte da súa oferta de lecer para as nenas e nenos do municipio durante a tempada de Nadal. As atraccións estarán operativas desde este xoves 5 de decembro e permanecerán abertas ata o 12 de xaneiro.

Os horarios en período lectivo serán de luns a xoves de 16:45 a 21:30 h, os venres de 16:00 a 22:45 h e as fins de semana e festivos de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 22:45 h. Durante as vacacións de Nadal, as atraccións abrirán de luns a domingo de forma ininterrompida de 11:00 a 22:45 h. Os días 24 e 31 de decembro estarán dispoñibles de 11:00 a 18:15 h, mentres que os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro abrirán de 11:00 a 14:00 h e de 16:45 a 22:45 h.

Ademais, o Concello complementará esta oferta con actividades infantís de temática navideña, como obradoiros de artes plásticas, grupos de animación e actuacións musicais. Estas iniciativas buscan ofrecer unha experiencia lúdica e familiar para gozar das festas no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.56029009819031