A Ruta do Queixo na Festa das Candeas de Viós congregou a 150 persoas

ACoruñaXa
Os máis pequenos aprenderon con Remedios de 81 anos, veciña da parroquia e antiga queixeira
vios-candeas
3 Feb 2025

A tradicional Festa das Candeas celebrouse na parroquia de Viós, coa asistencia de numeroso público. Dentro do programa preparado pola veciñanza destacou a Ruta do Queixo, que congregou a 150 persoas.

O momento estelar foi protagonizado por Remedios de 81 anos, veciña da parroquia e antiga queixeira. Un dos queixos que fixo Remedios, dun quilo de peso, alcanzou en poxa os 26 euros que ofertou Marigel da Xilda, veciña da parroquia. "O último queixo de Remedios tiña que quedarse e comerse na parroquia”, manifestou Marigel.

Os pequenos desfrutaron da actividade, coa que a asociación de Viós realizou unha homenaxe ao esforzo e dedicación que tiñan as queixeiras.

Os nenos fixeron un percorrido pola parroquia con distintas paradas vencelladas coa elaboración do produto. Aprenderon de boca de Remedios a forma tradicional de elaboralo, Tamén desciubriron como muxir as vacas e como se transportaba antigamente o leite en burro. A ruta finalizou coa degustación de filloas e do propio queixo. A Festa das Candeas seguiu logo coa habitual sesión vermut co dúo D’Vicio.

0.17529296875