A Rede Española de Cidades polo Clima destaca o compromiso do Concello da Coruña coas políticas sostibles

ACoruñaXa
A Coruña forma parte da rede dende o ano 2005, sendo unha das cidades fundadoras da rede e das primeiras de España en sumarse á loita polo clima
A concelleira de Medioambiente, Noemí Díaz, recolleu o galardón
A concelleira de Medioambiente, Noemí Díaz, recolleu o galardón
11 Xuño 2024

Este martes á XVI Asemblea da Rede Española de Cidades polo Clima celebrada en Sevilla. En total, 368 administracións locais son membros da rede. No marco da Asemblea, a entidade outorgoulle ao Concello da Coruña o premio ás Boas Prácticas Locais polo Clima recoñecendo a traxectoria da cidade no desenvolvemento de políticas sostibles.

A concelleira de Medioambiente, Noemí Díaz, recolleu o galardón e puxo en valor o modelo de cidade posto en marcha no pasado mandato, coa recuperación de espazos para o uso cidadá e a aposta pola mobilidade sostible, así como a creación de novas zonas verdes como o corredor de Novo Mesoiro ou o Bosque de Breogán. A Coruña forma parte da rede dende o ano 2005, sendo unha das cidades fundadoras da rede e unha das primeiras de España en sumarse á loita polo clima.

 

0.18999695777893