'A provincia que sabe' viaxa a Pontevedra para exhibirse na feira Etiqueta Negra

ACoruñaXa
Por diante tres días de exhibición dos mellores sabores coruñeses, con showcookings, vermú e produtos de gran calidade na feira gourmet de Pontevedra
Imaxe dun showcooking do proxecto 'A provincia que sabe' da Deputación da Coruña
Imaxe dun showcooking do proxecto 'A provincia que sabe' da Deputación da Coruña
8 Nov 2024

A Deputación da Coruña, a través da súa campaña 'A provincia que sabe', leva os mellores sabores coruñeses á oitava edición da feira Etiqueta Negra, o evento galego de produtos gourmet que se celebra en Pontevedra do 9 ao 11 de novembro. Durante os tres días da feira, visitantes e profesionais poderán gozar dunha programación completa de showcookings, presentacións de produtos e degustacións a cargo de recoñecidos produtores e chefs da provincia.

A cociñeira Concha Casares, de Casa Alongos (Melide), será unha das grandes protagonistas, cunha proposta culinaria que inclúe a tradicional carne ao caldeiro, elaborada con carne ecolóxica de vaca limiá, acompañada de patacas, crema de chícharos e pemento, así como a tosta de nabiza con queixo da D.O.P. Arzúa-Ulloa e chourizo de porco celta Celtagal. Estes pratos serán presentados en varias sesións de showcooking programadas ao longo da feira.

Programa de Actividades de 'A provincia que sabe':

Sábado 9 de novembro

  • 11:00 h – Almorzo saudable con Cafés Aruba (A Coruña).
  • 13:00 h – Showcooking de Concha Casares (Casa Alongos, Melide): Carne ao caldeiro e tosta de nabiza con queixo Arzúa-Ulloa e chourizo Celtagal.
  • 14:00 h – Momento vermú con Vermú Lodeiros (Santiago de Compostela).
  • 15:00 h – Showcooking de Concha Casares: Carne ao caldeiro e tosta de nabiza con queixo Arzúa-Ulloa e chourizo Celtagal.
  • 18:00 h – Merenda especial con Casa da Avoa (Outes).

Domingo 10 de novembro

  • 11:00 h – Almorzo saudable con Cafés Aruba (A Coruña).
  • 12:00 h – Presentación e degustación de Pandejuevo (Cee).
  • 13:00 h – Showcooking de Concha Casares: Carne ao caldeiro e tosta de nabiza con queixo Arzúa-Ulloa e chourizo Celtagal.
  • 15:00 h – Showcooking de Concha Casares: Carne ao caldeiro e tosta de nabiza con queixo Arzúa-Ulloa e chourizo Celtagal.
  • 16:00 h – Presentación do Proxecto Sementares, da Coruña, coas explicacións de Fernando Almeida.
  • 16:30 h – Degustación de fabada galaica, con A Despensa D´Lujo (Coristanco).
  • 17:00 h – Presentación e degustación das galletas artesanais de Martietas de Fío (Bergondo).
  • 18:00 h – Merenda especial con Casa da Avoa (Outes).

Luns 11 de novembro

  • De 11:00 a 13:00 h – Degustación de café con Cafés Lúa (Carballo).
  • 11:30 h – Presentación e degustación “O sabor do Nadal nun café”, con blend especial de Nadal de Cafés Lúa (Carballo).
  • 13:00 h – Showcooking de Concha Casares: Carne ao caldeiro e tosta de nabiza con queixo Arzúa-Ulloa e chourizo Celtagal.
  • 15:00 h – Showcooking final de Concha Casares: Carne ao caldeiro e tosta de nabiza con queixo Arzúa-Ulloa e chourizo Celtagal.

O vicepresidente e responsable de Turismo, Xosé Regueira, destacou que "Etiqueta Negra é o escaparate perfecto para poñer en valor a excelencia e sostibilidade dos produtos da nosa provincia". O evento é tamén unha oportunidade para que produtores e cociñeiros establezan contactos, exploren novas liñas de negocio e compartan a súa aposta polo sabor auténtico e a materia prima de calidade da Coruña.

0.20378994941711