A provincia da Coruña quédase con seis conselleiros na Xunta de Galicia
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, vén de anunciar os nomes dos conselleiros e conselleiras que formarán parte da Xunta dude Galicia para os vindeiros catro anos. En total, haberá 12 Consellerías, dúas delas de nova creación.
O reparto deixa a A Coruña con seis conselleiros y conselleiras. Trátase de Diego Calvo Pouso, Ángeles Vázquez Mejuto, Miguel Corgos López-Prado, María Jesús Lorenzana Somoza, Fabiola García Martínez e Antonio Gómez Caamaño.
Ata agora, Diego Calvo (Ferrolterra) e Ángeles Vázquez (Melide), estaban ao fronte da vicepresidencia primeira e da segunda, respectivamente. Alfonso Rueda anunciou este domingo a decisión de suprimir as vicepresidencias, pero tanto Calvo como Vázquez continuarán manteniendo sus competencias: Diego Calvo seguirá ao frente e Xustiza e Deportes e, Ángeles Vázquez de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Por outro lado, Miguel Corgos (A Coruña) seguirán mantendo as súas carteiras ao fronte da Consellería de Facenda e Administración Pública. María Jesús Lorenzana (A Coruña) deixa a Innovación que se rebautiza como Consellería de Economía e Industria.
Doutra banda, Fabiola García (Ribeira) manten as competencias de Política Social e perde as de Xuventude, incorporando as de Igualdade. Por último, Antonio Gómez Caamaño (Ferrolterra) pasa a asumir a carteira da Consellería de Sanidade.
Listado dos novos conselleiros da Xunta de Galicia:
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: Diego Calvo Pouso
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático: Ángeles Vázquez Mejuto
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional: Román Rodríguez González
Consellería de Política Social e Igualdade: Fabiola García Martínez
Consellería de Economía e Industria: María Jesús Lorenzana Somoza
Consellería de Facenda e Administración Pública: Miguel Corgos López-Prado
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas: María Martínez Allegue
Consellería de Sanidade: Antonio Gómez Caamaño
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude: José López Campos
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración: José González Vázquez
Consellería do Medio Rural: María José Gómez Rodríguez
Consellería do Mar: Alfonso Villares Bermúdez