A praza de Azcárraga acolle este domingo un mercado ecolóxico

ACoruñaXa
Ademais dos postos de venda habilitados por comercios de proximidade, ao longo da mañá haberá actividades de dinamización infantil e un concerto de José Brea e Miguelón, aberto á cidadanía
Imaxe recurso de ecolóxico
23 Mar 2024

O Concello da Coruña organiza este domingo 24 o mercado ecolóxico municipal da praza de Azcárraga, abrindo esta iniciativa de dinamización comercial ao barrio da Cidade Vella.

A concelleira de Turismo, Comercio e Hostalaría, Diana Cabanas, destacou “a revitalización e impacto positivo que o mercado ecolóxico municipal está a ter na súa rotación por distritos, unha proposta que responde ao compromiso da alcaldesa de levar este formato aos diversos barrios da cidade”. Cabanas apuntou, ademais, á boa recepción da chegada deste formato á praza de Azcárraga, “un enclave espectacular para programar un mercado destas características, que se leva a cabo da man da veciñanza e o tecido comercial da Cidade Vella”.

O mercado permanecerá aberto durante a mañá do domingo, entre as 10.00 e 15.00 horas, e haberá preto de vinte postos de venda habilitados por comercios de proximidade, con postos nos que se ofertarán produtos frescos e de produción ecolóxica, así como útiles de artesanía.

A xornada na praza de Azcárraga irá amenizada con actividades de ocio para todos os públicos, con énfase na participación dos máis pequenos. Neste sentido, as nenas e nenos poderán gozar cun espazo de dinamización infantil que estará aberto durante toda a mañá. Tamén entre as 10.00 e 15.00 horas haberá, ademais, tempo para o intercambio de tote bags.

Tamén, de 11.30 a 12.30 horas terá lugar un obradoiro creativo no que a rapazada participante aprenderá a crear ovos de Pascua. Para formar parte nesta actividade será preciso formalizar inscrición previa no mercado, desde as 10.00 horas. A capacidade máxima prevista no obradoiro é de 15 persoas.

Ademais ao mediodía, as persoas asistentes ao mercado ecolóxico municipal poderán gozar coa actuación de José Brea e Miguelón, que porán música e ritmo ao último treito da xornada matinal, nun concerto aberto á cidadanía e que terá lugar na propia praza de Azcárraga


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18424606323242