A praia da Ribeira de Miño recupera a Bandeira Azul

ACoruñaXa
Súmase ao areal de Perbes – Andahío, que repite presenza na lista da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor
Imaxe da praia de Perbes
7 Maio 2024

A praia da Ribeira, tamén coñecida como Praia Pequena de Miño, recupera este ano o selo de calidade Bandeira Azul, que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC). Desta forma, súmase ao areal de Perbes – Andahío, e Miño volverá contar con dúas praias recoñecidas con este distintivo. A Ribeira recupera así un recoñecemento que non obtiña desde 2017.

Con todo, cabe destacar que os máis de 7 quilómetros de costa de Miño ofrecen fermosas praias, ben cara á ría de Betanzos ou cara a mar aberto do Atlántico. Todas elas son dunha calidade excepcional e o goberno local traballa para facer dos areais un lugar cómodo para residentes e visitantes mentres se respecta o medio ambiente.

En canto á Praia Grande, o Concello miñense continúa traballando para solucionar os problemas puntuais que lle impiden obter este recoñecemento.

Ademais destas praias, Miño conta tamén coa Praia de Alameda, situada na desembocadura do río Lambre; Marín, entre Perbes e Punta Redonda; e Lago, unha pequena cala nun idílico contorna rural.
O Concello de Miño subliña a gran calidade de todos os seus areais e afirma que traballa a diario para mantelos nun óptimo estado para a súa conservación e goce por parte de veciños e veciñas e turistas.

0.21402406692505