A Peroxa arrinca os cursos de Ourense Reto Rural Dixital cun obradoiro para aprender a manexar o móbil

ACoruñaXa
A formación, gratuíta, comeza o xoves 15 e continuará os venres 16 e 23 de xaneiro, de 16.00 a 18.30, con inscrición previa chamando ao Concello
A PEROXA curso competencias dixitais
11 Jan 2026

O Concello da Peroxa porá en marcha esta semana o primeiro dos cursos incluídos no programa Ourense Reto Rural Dixital, impulsado pola Deputación de Ourense, cunha proposta centrada en facilitar os primeiros pasos no uso do teléfono móbil.

O obradoiro leva por título 'O meu móbil, a miña xanela ao mundo dixital: primeiros pasos no uso do teléfono móbil, chamadas, mensaxería e aplicacións básicas' e está pensado para aprender cuestións prácticas do día a día, dende realizar chamadas ata empregar ferramentas de mensaxería e aplicacións sinxelas.

A actividade comezará o xoves 15 e desenvolverase tamén o venres 16 e o venres 23 de xaneiro, sempre en horario de 16.00 a 18.30. O Concello lembra que é necesario anotarse con antelación e anima ás persoas interesadas a inscribirse antes do martes chamando ao propio Concello.

⚙ Configurar cookies
0.076197862625122