A parroquia de Tiobre en Betanzos celebra esta fin de semana as Festas de San Martiño

A parroquia de Tiobre, en Betanzos, prepárase para vivir unha fin de semana de celebracións coas tradicionais Festas de San Martiño. Os días 8, 9 e 10 de novembro, veciños e visitantes poderán gozar dun programa festivo que inclúe música, gastronomía e actividades para todos os públicos.
As festas comezan o venres 8 de novembro ás 20:00 horas cun magosto popular onde se servirán castañas e choripán, coa animación musical de DJ Pedro.
O sábado 9 de novembro, a xornada arrinca coas dianas e continúa ás 13:00 horas cunha Misa Solemne en honor a San Martiño, seguida de procesión. Ao rematar, terá lugar unha sesión vermú a cargo de Kalima 3.0, mentres que pola noite será a verbena coas actuacións do Dúo Sonido e Kalima 3.0.
O domingo 10, as festividades concluirán con dianas e alboradas, e unha sesión vermú que poñerá o broche final ao evento co grupo Maracaibo.
As actividades desenvolveranse nun recinto cuberto con carpa grazas á colaboración do Concello de Betanzos. As Festas de San Martiño de Tiobre son unha ocasión única para compartir tradición e diversión en boa compañía.