A parroquia de Tabeaio en Carral celebrará a Festa de San Martiño o sábado 9 de novembro

ACoruñaXa
Veciños e visitantes poderán gozar da tradicional misa, música en directo e degustación gratuíta de castañas e queimada
festa tabeaio en carral
27 Out 2024

A parroquia de Tabeaio, no municipio de Carral, está lista para celebrar a súa tradicional festa en honra a San Martiño este sábado 9 de novembro. Durante esta xornada, que conta cunha ampla programación, os asistentes poderán participar tanto nos actos relixiosos como en diferentes actividades musicais e gastronómicas que darán vida ao evento.

As festividades comezarán ás 13:15 horas coa misa solemne en honor a San Martiño, e seguidamente, ás 14:00 horas, terá lugar a popular sesión vermú, amenizada polo Dúo D'Vicio. Ademais, haberá pinchos de lacón cocido e chourizos ao viño, dispoñibles para o público mentres se disfruta da música e do bo ambiente.

A partir das 22:00 horas, celebrarase a verbena, que estará novamente a cargo do Dúo D'Vicio e contará co apoio da disco móbil CDC, garantindo a diversión para todos os públicos durante a noite.

Ao longo da tarde, a música ambientará o bochinche e os asistentes poderán degustar de forma gratuíta castañas e adquirir queimada, mantendo viva a tradición gastronómica galega durante a festividade.

A organización, que conta coa colaboración do Concello de Carral, asegura que a festa será unha oportunidade para veciños e visitantes de compartir unha xornada de música, gastronomía e tradición no corazón de Tabeaio.

 

0.17267799377441