A parroquia de Santaia de Probaos celebra as festas na honra a Santa Eulalia do 6 ao 8 de decembro
A parroquia de Santaia de Probaos, no municipio de Oza-Cesuras, prepara as súas festas na honra a Santa Eulalia cun variado programa de actividades que se prolongará durante tres días.
Os festexos comezarán o venres 6 de decembro ás 20:00 horas cunha gran pulpada, organizada pola Pulpería María e Luis. Ás 22:00 horas, a festa continuará cunha gran verbena amenizada polas orquestras Marbella e Los Satélites.
O sábado 7 de decembro, a xornada abrirase ás 13:30 horas coa misa solemne. A continuación, os asistentes poderán gozar dunha animada sesión vermú a cargo do dúo Dilema.
Finalmente, o domingo 8 de decembro, os actos iniciaranse ás 13:30 horas cunha misa solemne. O programa pecharase cunha sesión vermú e un fin de festa que contará coa actuación do dúo D'Vicio.
A celebración terá lugar nun recinto cuberto con carpa, garantindo o goce de todos os asistentes.