A parroquia de Mesón do Vento celebra a Festa de San Andrés o 23 de novembro
ACoruñaXa
Unha xornada festiva con música, tapas de callos e grandes actuacións para honrar a San Andrés en Ordes
15 Nov 2024
O vindeiro sábado, 23 de novembro, Mesón do Vento (Ordes) celebrará a súa tradicional festa en honra a San Andrés. O evento comezará ás 13:30 horas cunha sesión vermú a cargo da artista Montse Machado, quen animará aos asistentes coa súa música. Pola noite, a partir das 21:00 horas, o DJ Jesusinho poñerá o toque final á festa cunha gran actuación.
Ademais, cada consumición incluirá unha tapa de callos, un prato típico da zona que fará as delicias dos asistentes. Organiza: Concello de Ordes.