A parroquia de Lañas en Arteixo celebrará unha nova edición da Festa da Esfolla do Millo o 9 de novembro
ACoruñaXa
A xornada festiva contará con actividades tradicionais, xantar popular e verbena, destacando a cultura agraria da zona
20 Oct 2024
O próximo sábado 9 de novembro, a parroquia de Lañas, no concello de Arteixo, acollerá unha nova edición da tradicional festa dedicada á esfolla do millo.
As actividades darán comezo pola mañá, ás 10.00 horas, co cortado do millo, un dos momentos máis importantes do evento. Ás 14:00 horas, os asistentes poderán gozar dun xantar popular que incluirá sardiñas salgadas con cachelos e xamón asado.
Durante a tarde, haberá demostracións, charlas e exposicións relacionadas coa cultura e o traballo do campo. O día de festa culminará coa verbena, que comezará ás 18:30 horas, amenizada polo Trío Mar de Caión.